FESTAS SAN ANTONIO 2009

Un ano máis, e xa van moitos, o pasado 13 de Xuño celebraronse as festas na Honra a San Antonio. Este 2009 os membros da comisión foron Antonio Laza (webmaster) e a propietaria do bar;Rosalía Justo. O programa das festas foi similar o de anos anterires: Pola mañá a charanga Troulada espertou a todos os veciños co tradicional pasarruas.

A procesión xunto coa misa celebrouse a partir das 12 e media do mediodía. Finalmente a festa rematou pola noite coa actuación dunha orquestra Asturiana coñecida como: Distrito Xoven. Como novidade este ano os máis cativos poideron gozar de unha pequena atracción que se situou no campo da festa. A continuación poderedes ver unhas cantas fotografias de este día.


FESTAS DAS NEVES 2009


O pasado 5 de Agosto celebraronse as festas na honra a Virxen das Neves. O programa das festas foi igual que as celebradas o 13 de Xuño, ainda que por problemas coa orquesta o baile celebrouse no alto da aldea. A charanga contratada volveu a ser a Troulada de Verin e a orquesta foi a Casino Royal de Madrid. Con parte do diñeiro sobrante volveuse contratar a charanga para o domingo 9 de Agosto.