HISTORIA

Orixinariamente, o pobo das Chas, ó sur da provincia de Ourense, denominabase"Chanes", que significa "a planura na montaña". Segundo o bispado de Ourense, o pobo das Chas, comezou a ser construído a mediados do século XVII, xa que os primeiros bautizos celebrados na súa igrexa, chamada nun principio "Nosa Señora das Neves de Chaos", datan do ano 1650. Por aquel entón a igrexa pertencía á parroquia de Bousés e, posto que é o primeiro edificio que se constrúe nun pobo, cernemos decir que o resto das edificacións (case todas elas de pedra) foron construídas a partir de dita data. O primeiro que se construía nun edificio relixioso era o altar, arredor do que se ían celebrando as misas con carácter diario, mentras remataba a construcción da igrexa. A veces, como no caso das catedrais, o proceso de construcción pode durar séculos, pero a igrexa das Chas tardou menos de dous anos en ser rematada.
No verán do ano 1641, durante a guerra de independencia entre Portugal e España, As Chas foi un dos pobos queimados e saqueados polos portugueses, como case tódalas poboacións do Val de Monterrei.
A "Santa" Inquisición tamén estivo presente no noso pobo. Houbo polo menos dúas casas que lle pertencían; unha delas tén gravado sobre a porta de entrada o ano 1787 xunto as iniciais IHS.
Na segunda república, alá polo abril do ano 1932, o alcalde de Oímbra José Torres  oponse a creación dunha escola nas Chas alegando que "nesa parroquia ten poucos votantes". Neste concello hai grande disgusto polas expropiacións e embargos que o axente do concello lle ven facendo aos labregos da zona que se negaron a pagar os esaxerados impostos do reparto de utilidades.