SITUACIÓN XEOGRÁFICA


A parroquia de Sta. Mª das Neves das Chas está situada nun terreo montuoso do sur de Galiza elebado 564 metros sobre o nivel da mar.

Pertence o Concello de Oímbra, na comarca de Monterrei, provincia de Ourense. Esta parroquia só está formada polo nucleo de poboación As Chas tendo unha superficie aproximada de 7,32km2. Conta cunha poboación de 151 habitantes segundo o último censo rexistrado (2004).

 

Polo norte limita con Vilaza (balneario de Requeixo) e cos montes O Castelo e A Cerca; ó sur co pobo As Casas dos Montes e a capela de Santa Ana; o leste co pobo O Rosal e os montes Outeiro Grande, Prada e A Cruz; polo oeste co río Búbal e Medeiros, o encoro do mesmo nome e o monte Coteliño da Fraga. Ademáis limita cos pobos Oímbra polo sureste e A Granxa polo suroeste.