VISITA VIRTUAL

Igrexa de Santa María das Neves.
Pola sua arquitectura da mostras dun estilo barroco que abarca dende finais do século XVI ata mediados do XVIII, presentando certas reformas no século XIX. Destaca unha cruz do século XVII. Este templo está ó leste da localidade de As Chas
e o camposanto parroquial atopase arredor da igrexa.


Capela de San Antonio.
Na parte máis alta do pobo hai unha pequena capela na honra a San Antonio. Abandonada da man de Deus e das persoas durante décadas, esta sinxela edificación foi restaurada no derradeiro lustro do século XX.


Cruceiro.
Na zona do pobo chamada "O Cruceiro"atopase unha antiga cruz de pedra . Típicamente as procesións teñen que rodear este cruceiro para volver a entrar na igrexa. Unha vella lenda dicía que había moedas no chapitel (aínda que xa se demostrou no pasado que iso era falso). Na base aparecen varias figuras: nunha cara está esculpida unha caveira cruzada por dous ósos e noutra cara aparecen dous rombos concéntricos.



Centro Social

Terminouse de construir totalmente no ano 2008, aínda que xa se poideron disfrutar das suas instalacións algúns anos antes. Esta edificación foi construida na zona baixa da aldea denominada "A Lama". Dividese en duas plantas. A panta baixa (semisótano) cumple as funcións de velatorio; mentras  que a planta de arriba funciona como aula de diferentes actividades e reunións. 


Campo da Festa.

Está situado xunto o centro social. Componse de un pequeno campo de fútbol sala no que se disputan pequenos torneos eventuais, e dunha zona de recreo con bancos de pedra e unhas cantas atracións para os mais cativos. Ademais é o lugar onde se celebran as actuacións musicais nas festas patroais.

 

 


Encoro do rio Búbal.

Está afastado da aldea (aprox. 1km) Consiste nunha antiga presa de pedra situada no rio búbal.

Foi habilitada por unha empresa hidroeléctrica para a produción de enerxía eléctrica. A minicentral esta situada próxima ao balneario de requeixo e é un longo tubo quen conduce a auga ata alí.